q Qué é unha EDUSI? – Plan Novarteixo 2020. Un novo Arteixo

Unha Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) é:

Co fin de ser elixible para participar nas convocatorias de financiamiento proporcionadas polos Fondos Europeos, a concepción dunha Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado debe aliñarse cos Obxectivos Temáticos (OT) elixidos do FEDER:

OT2

Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación.

OT4

Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores.

OT6

Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

OT9

Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza.

Financiación con Fondos Europeos

Co propósito de contribuír ao logro dos obxectivos establecidos na Estratexia Europa 2020, os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos destinaron o seu res-paldo ao Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

Para iso, é esencial contar cunha estratexia coherente, equilibrada e de visión a longo prazo. No contexto de España, asignáronse máis de 1.000 millóns de euros para a implementación destas estratexias en 3 convocatorias desde o ano 2015, das que foron beneficiarias 173 entidades.

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) deben ser executadas en cidades ou áreas urbanas funcionais cunha poboación superior a 20.000 habitantes.

A asignación máxima foi de 15 M€ para áreas funcionais maiores de 100.000 habitan-tes, de 10 M€ para áreas funcionais maiores de 50.000 e menores de 100.000 habi-tantes, e de 5 M€ para áreas funcionais de entre 20.000 e 50.000 habitantes, confor-me ás taxas de cofinanciamento dos Fondos Europeos.