Novarteixo é o proxecto do Concello de Arteixo deseñado para executar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI). O seu propósito é levar ao municipio arteixán nun espazo de maior calidade urbana, equilibro social e económico, integrador, inclusivo, diverso e sostible.

Obxectivos

A  Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostenible (EDUSI) de Arteixo ten como obxectivos:

Mellorar o uso e
a calidade das TIC

Impulsar a plena accesibilidade dixital a través de melloras nas dotacións tecnolóxicas e mediante a extensión de gratuidade/baixo custe dos servizos dixitais.

Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono

Avanzar nun transporte público de baixa emisión de gases de efecto invernadoiro e aumentar o uso da enerxía renovable na área urbana.

Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Fomentar o patrimonio histórico, arquitectónico e natural como activos turísticos; do mismo modo, incrementar a rede de sendeiros peatonais e ciclorrutas.

Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación

Lograr un reequilibrio social e territorial que incremente as oportunidades de toda a poboación.

Retos

Arteixo enfróntase a retos en diversas dimensións, identificados de maneira precisa dentro da análise realizada no marco do plan Novarteixo 2020. Abordar estes desafíos permitirá orientar o municipio cara a un modelo urbano máis intelixente, sostible e integrado.

Dimensión demográfica

  • Recuperar as taxas de crecemento poboacional.
  • Reequilibrar a poboación e distribución xeográfica.
  • Abordar o envellecemento e a despoboación.

Dimensión medioambiental

  • Incrementar as zonas verdes urbanas.
  • Mellorar a calidade do aire.
  • Eliminar áreas degradadas e especies invasoras.

Dimensión física

  • Completar equipamentos educativos e sociais.
  • Implementar un sistema de transporte urbano sostible e accesible.

Dimensión social

  • Buscar un desenvolvemento equilibrado e integrador.
  • Atender a colectivos desfavorecidos.
  • Promover a inclusión social.
  • Fortalecer o capital humano e social.

Dimensión económica

  • Superar barreiras para a integración laboral.
  • Aproveitar o potencial de sectores económicos sen impulso.
  • Diversificar o tecido económico de Arteixo.

Dimensión do cambio climático

  • Impulsar unha economía baixa en emisións de carbono.
  • Mitigar os consumos enerxéticos.
  • Promover o uso de enerxías renovables.
  • Incorporar a noción de pegada ecolóxica a escala global.
  • Adaptación dos sectores máis vulnerables aos procesos previsibles de cambio climático.

Financiación con Fondos Europeos

Co propósito de contribuír ao logro dos obxectivos establecidos na Estratexia Europa 2020, os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos destinaron o seu res-paldo ao Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

Para iso, é esencial contar cunha estratexia coherente, equilibrada e de visión a longo prazo. No contexto de España, asignáronse máis de 1.000 millóns de euros para a implementación destas estratexias en 3 convocatorias desde o ano 2015, das que foron beneficiarias 173 entidades.

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) deben ser executadas en cidades ou áreas urbanas funcionais cunha poboación superior a 20.000 habitantes.

A asignación máxima foi de 15 M€ para áreas funcionais maiores de 100.000 habitan-tes, de 10 M€ para áreas funcionais maiores de 50.000 e menores de 100.000 habi-tantes, e de 5 M€ para áreas funcionais de entre 20.000 e 50.000 habitantes, confor-me ás taxas de cofinanciamento dos Fondos Europeos.