Transformando Arteixo en tempo real
Aquí é onde cobra vida a visión de Novarteixo 2020. Na nosa sección de actuacións, presentámosche as accións concretas que estamos a levar a cabo para facer de Arteixo un lugar máis sostible, inclusivo e vibrante. Desde melloras na mobilidade ata proxectos de conservación do medio ambiente e desenvolvemento social, descobre como estamos a traballar para construír un futuro mellor para todos.
LA1 – TIC ao servizo das persoas
Sistema de emisión e gravación de eventos
Permitirá que os eventos deportivos e culturais podan ser seguidos dende calquera dispositivo dixital.
Reforma e acondicionamento interior do edificio administrativo do CEIP Ponte dos Brozos para a aula do futuro.
LA2 – TIC ao servizo da accesibilidade e mobilidade
Instalación de 38 postes de sinalización intelixente e 14 marquesiñas intelixentes en Arteixo, Oseiro, Pastoriza e Meicende.
LA3 – Transporte colectivo híbrido-eléctrico
Elaboración do Plan de Movilidade Urbana Sostible (PMUS)
O documento incluirá as características do transporte público e do tráfico e, a partir desa análise, plantexará varias medidas.
Minibuses con propulsión eléctrica
Compra de tres minibuses con propulsión eléctrica para transporte público que conectarán as parroquias rurais co núcleo urbano de Arteixo.
Estación de recarga para autobuses eléctricos
Construción dunha estación de recarga para os autobuses eléctricos no Centro Tecnolóxico do Concello de Arteixo.
LA4 – Mellora da accesibilidade na contorna urbana da Praza Mestre Cándido e Avenida do Balneario
Mellora da accesibilidade na contorna urbana da Praza Mestre Cándido e Avenida do Balneario
Implantación de plataforma única viaria, dotación de mobiliario e zonas axardinadas en espazo público.
LA5 – Eficiencia enerxética e enerxías renovables
Ecoeficiencia ao servizo da seguridade vial
Mellora da iluminación e a seguridade viaria na Avda. Alcalde Manuel Platas Varela.
LA6 – Rexeneración urbana e posta en valor da praza do Santuario de Pastoriza
Puntos de sinalización
Instalación de sinais que, a través de teléfonos intelixentes, ofrecerán información do patrimonio da zona.
Rexeneración urbana e posta en valor da praza do Santuario de Pastoriza
Humanización da Praza do Santuario para a posta en valor do patrimonio cultural e a mellora da accesibilidade.
LA7 – Natureza e Porta de Costa da Morte
Centro de interpretación da Red Natura Costa da Morte: mar de Sorrizo
Rehabilitación e equipamento dunha construcción situada xunto ao mar en Punta Campelo, na costa de Arteixo, para uso como centro de interpretación.
LA8 – Calidade ambiental e limpeza (en proceso)
Monitorización do ciclo da xestión da auga
Instalación de sensores para medir a calidade do auga nos ríos Bolaños, Sisalde e Seixedo.
LA9 – Arteixo máis verde e arboledo
Acondicionamento e rexeneración ambiental de parcela en Rañobre
Eliminación de especies alóctonas invasoras e rexeneración de parcela na contorna do Porto Exterior de Langosteira.
Infraestrutura verde de Arteixo
Dotación de árbores en varias zonas do Concello de Arteixo.
LA10 – Arteixo concilia
Ludoteca e centro de conciliación familiar
Construción dun edificio na Avenida de Butano en Meicende para dar servizo ao coidado de persoas maiores e garderías.
Nova zona de ocio en Meicende
Posta en marcha dunha zona de ocio axardinada e con xogos infantís na parcela do futuro centro de conciliación familiar de Meicende.
LA11 – Arteixo comercia
Mellora de accesibilidade para dinamizar o comercio
Rexeneración urbana e mellora das condición de accesibilidade da Praza de Galán para a dinamización do comercio e a promoción local.
LA12 – Volve a agricultura (ecolóxica)
Escola de agricultura ecolóxica
Construción dunha escola que promoverá técnicas de cultivo ecolóxico.
Acondicionamento de espazos para agricultura ecolóxica
Preparación de superficies para o seu uso como hortas urbanas.
Financiación con Fondos Europeos
Co propósito de contribuír ao logro dos obxectivos establecidos na Estratexia Europa 2020, os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos destinaron o seu res-paldo ao Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.
Para iso, é esencial contar cunha estratexia coherente, equilibrada e de visión a longo prazo. No contexto de España, asignáronse máis de 1.000 millóns de euros para a implementación destas estratexias en 3 convocatorias desde o ano 2015, das que foron beneficiarias 173 entidades.
As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) deben ser executadas en cidades ou áreas urbanas funcionais cunha poboación superior a 20.000 habitantes.
A asignación máxima foi de 15 M€ para áreas funcionais maiores de 100.000 habitan-tes, de 10 M€ para áreas funcionais maiores de 50.000 e menores de 100.000 habi-tantes, e de 5 M€ para áreas funcionais de entre 20.000 e 50.000 habitantes, confor-me ás taxas de cofinanciamento dos Fondos Europeos.