Un novo Arteixo

Novarteixo 2020 é a iniciativa impulsada polo Concello de Arteixo co obxectivo de levar a cabo a implementación da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) no municipio. A súa misión é a de converter a localidade nunha contorna con maior calidade urbana, caracterizada por un equilibrio tanto económico como social, promovendo a inclusión e a integración nun marco de diversidade, sustentabilidade ambiental e equidade.

O plan Novarteixo 2020 obtivo o apoio financeiro da Unión Europea a través dos fondos FEDER (Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional) por un importe global de 5 millóns de euros de cofinanciamento europeo para o período 2014-2020.


A estratexia desenvolvida polo Concello de Arteixo buscar dar unha resposta, con visión a longo prazo, aos principais problemas identificados no municipio.

Coñece Arteixo